jueves, marzo 30, 2006

FRANKFURT. O paseo que boto por este aeroporto duplica ao de madri. Xente de todo o mundo, chavalas bonitas alá onde mire, xudeos ultraortodoxos falando español, turcos, hindues, xente lavando os pes no baño e o gañán aí, no meio de toda a tribu turista á que el tm pertence.
Sento, teño que esperar 4 horas ou mais. Cando estaba xa meio sopas un rapaz di "sir, sir" e eu "cajo na cona, gelou".
-Are you waiting for this flight?
-No no, i´m going to Osaka ou mete.
Comezamos a falar en ingles juachilai sobre o futbol, e tal e tal. O rapaz é moreno como eu e como estou diante da porta dos avions a estambul creo que é turco. Falolle do Galatasaray pero non o coñece, o pavo é iraní e vive en Usa. La ostia pachi. Comezamos a falar de politica, de Bush, de Homeini (estou na miña salsa), pergunto se se sinte perseguido vivindo alí. Responde que non é tan grave pero que si, que cree que escoitan o seu telefono. Eu digolle que se fosemos loiros como as xemelgas de Carrefur, teriamos menos problemas. Contolle a anecdota de cando voltaba de Marrocos e a policia paroume a rexistrar, a min, ao único entre as corenta persoas que viaxabamos, a min, español de pró.