jueves, marzo 30, 2006

BLOG Supoño que este será un blog diferente en canto que a unica intencion que ten é a de manter o contacto cos amigos e facer un caderno de bitácoras da viaxe. Asi que, compañeiros, estou á espera de escoitar as vosas voces.
KANSAI. Aterrizo en Xapon, colas, tamén o mesmo tramite policial, con madero tamaño pitufo e con mascarilla na boca. E eu co meu millon de pesetas gardado no peto do pantalon e cosido a máquina pola miña nai para q non se me caera. Ridículo pero é a desconfianza propia do gañáaaaan.
Pareceme mentira que xa estexa aqui, case sen pensalo, dun dia para outro, como quen colle o Calpita pra ir a Perillo. A vida é rara.
A primeira impresión de Xapon e de todo menos boa. Fabricas e mais fabricas, todo máquinas para todo, os billetes, a comida, cajar, ... Os coches polo lado contrario desorientan e o non falar con ninguén me mata.
Unha vez instalado no minicuarto con cagadero xapones incluido, descanso e saio dar unha volta na bici que me axenciei e chego a un super. É a polla! Nada que ver cos nosos, a comida toda diferente e metida en plasticos, todo cheo de cores, produtos que xamais pensei que se puideran comer, bebidas enerxeticas como a cervexa e o sake por todas partes (panda de borrachos, xa vos gustaria eh?). A chuvia de cores fai apetitosa a consumición pero logo está o dos prezos. Isto xa é outro tema: cinco pataquiñas son 2 euros, o leitiño un euro e tal, o pan case que o dobre ou triple, a fruta case que intocable (salvanse as bananas, se nota que é o único fruto do amor). Logo están outros produtos que son todo o contrario, por exemplo, peixe frito, polo frito, cousas rebozadas de imposible calificación e que venden listas para consumir a risible prezo. A roupa é barata e os deportivos máis (e hai gran oferta, lamento terme traido tanta). Mundo aparte é a tecnoloxia. A parte de haber tendas de segunda man, as cousas novas baixan entre un cuarto e un terzo o prezo de España. Ordenador portatil decente: 500 euros; camara dixital mala: 40 euros, boa: 200 euros (en España a mesma vale sobre 300). Os móbiles xa son a ostia pero eu como estou incomunicado paso de miralos.
Esta foi unha primeira impresión dos consumibles xaponeses pero penso enviar fotos con comentarios sobre todo isto, iso si, en canto merque unha camara (vou ir a Osaka mañan para facelo, creo que ali son ainda mais baratas).
THE POLICE. Pois ben, contaballe eu isto ao meu amigo Farsdou cando da nada aparecen dous armarios empotrados da Westfalen ( Ben é certo q entre todas as persoas q ali habia nós eramos od de beleza mais exótica. Mirabannos todos, pingaban elas e soñaban eles cos praderios de Brokeback, en fin, que ante tal panorama, tou convencido que os maderos viñeron a nos máis polo seu desexo amatorio e incontinencia onanística que polo motivo policial).
-Where do you go?
-este, vou , I´m going to...... Osaka.
Eu todo nervoso e o meu amigo tan tranquilo.
Piden o passport e eu que so bebo 100 Pippers (a bebida isotonica que te recupera ao instante), respondo acojonado. Doulles o billete e o par de Heiperman din que falta unha parte.
Joéeeee, venme o mundo abaixo, a miña primeira viaxe longa e xa intimidado, recordando, cos chourizos e a galiña na man a Alfredo Landa no seu Vuelve de Alemania Pepe.
-I only have this. It s an electronic ticket.
O Pantzer me mira e di que todo correcto. Supoño que o meu colega irani o teria mais dificil pero se lle ve tranquilo, xa debia estar acostumado. Vanse os armarios, mirámonos e comezamos a mararnos. Non había ben 2 minutos que falaramos disto e ocorrenos o mesmo. Continuamos a falar de Syriana e Good morning, good luck. Despidome do amigo e metome no paxaro xigante. Os azafatos gays atende con prontitude e sorriso sexmachín. Teño fame e sede, bebo garimbas alemanas e dan comida xaponesa que non me chega nen para unha moa. Menos mal da cervexa, miña amiga da alma e coa que , xunto a toñito, tanto adestrei ultimamente.A viaxe empeza a fartar e chego ao meu destino 36 horas despois de ter saido de coruña.
FRANKFURT. O paseo que boto por este aeroporto duplica ao de madri. Xente de todo o mundo, chavalas bonitas alá onde mire, xudeos ultraortodoxos falando español, turcos, hindues, xente lavando os pes no baño e o gañán aí, no meio de toda a tribu turista á que el tm pertence.
Sento, teño que esperar 4 horas ou mais. Cando estaba xa meio sopas un rapaz di "sir, sir" e eu "cajo na cona, gelou".
-Are you waiting for this flight?
-No no, i´m going to Osaka ou mete.
Comezamos a falar en ingles juachilai sobre o futbol, e tal e tal. O rapaz é moreno como eu e como estou diante da porta dos avions a estambul creo que é turco. Falolle do Galatasaray pero non o coñece, o pavo é iraní e vive en Usa. La ostia pachi. Comezamos a falar de politica, de Bush, de Homeini (estou na miña salsa), pergunto se se sinte perseguido vivindo alí. Responde que non é tan grave pero que si, que cree que escoitan o seu telefono. Eu digolle que se fosemos loiros como as xemelgas de Carrefur, teriamos menos problemas. Contolle a anecdota de cando voltaba de Marrocos e a policia paroume a rexistrar, a min, ao único entre as corenta persoas que viaxabamos, a min, español de pró.
A Viaxe. Sain as 7 da tarde dun luns para chegar a 1 da madrugada dun mercores. Isto non`e nada para un Omega 3 como eu.
Despois de moitas voltas por Barajas, conseguimos aparcar o coche e ali estamos, cual Paco Martinez Soria en Cine de Barrio, unha restra de chourizos nunha man, a galinha na outra e o paraugas pendurado da chaqueta. Comezamos a desplazarnos a toda velocidade (co meu pai cando esta nervioso `e imposibel doutra maneira), e conseguimos, despois de amena visita as T2 e T3, chegar a T1 (Aqui poderiase engadir calquer comentario sobre a Lei de Murphy e as suas premisas sobre principios-finais, entradas-saidas. Escollas a que escollas, a tua porta sempre sera a ultima).
Unha vez chegados a facturar, e con 5 horas de antelacion (outra norma dos ganhanes, o gañan, non ten presa pero sempre chega o primeiro, o gañan está acostumado á baixa velocidad, pero sempre chega o primeiro, ao gañan invitanno a cear e chega á hora da comida). (xa observariades que me baixei un ñ ñ ñ ñ ñ de internes).
En fin, que unha vez chegados, o primeiro que se me ocorre é estrear os baños como fixeron os carrefur boys no Punto 3. Giñada del 15 por dentro y por fuera de la taza.
Chega a hora, antes de matar o meu telefono e como son un romanticon, apunto nunha libreta todos as mensaxes. Recordos recordos recordos. Xa me vou.
Barajas é enurme pero frankfurt é a ostia.
AGRADECIMENTOS. Sen lugar a dubidas, o mellor desta minha aventura foi a ultima noite cos meus amigos. Nunca vou esquecer a sorpresa de ver ali aos meus colegas de sempre, con tonhito, e aos carrefur boys, panda de cabrones que me conseguiron emocionar e me deixaron tan tocado que a minha viaxe pasou de ser algo feliz a algo triste e cheo de saudades. En fin, que moitas grazas polo do sabado e por todos os meses anteriores de amizade.