lunes, febrero 05, 2007

Ultimamente e a medida que me vou xaponesizando fixenme un めんどくさい (vago) de carallo. Xa esquezo a camara na casa e asi perdo de retratar todos os novos lugares e persoas que visito asi que tedes que perdoar que non adxunte fotografias nalguns dos post.
A ultima curiosidade que atopei foi este fin de semana no castelo de Kyoto, o Nijo-jo. Aqui, residencia antiga do emperador, o mais salientabel e que o chan fala. Si, as madeiras fan un ruido ben particular cando a xente anda por riba e asi os gardas podian controlar e saber se alguen entraba nas habitacions do castelo con magnicidas intencions. Xa vedes que as alarmas e detectores de movemento sonche cousas tamen do pasado.
ME CAGO NO SERVIDOR E NA DUPLICIDADE

NARANXAS DA CHINA. Quen dicia que todo en Xapon era pequeno equivocabase. Peazo de naranxa topei o outro dia no super. O sabor non e igual que o dunha mandarina normal. Esta hiperbolica fruta eche algo mais doce e saber sabia a condenada. Unha soa dose e xa tes vitamina C para toda a semana.

NARANXAS DA CHINA. Quen dixo que en Xapon todo era pequeno equivocabase. Pedazo de mandarina topei. Ben ee certo que o sabor non e o mesmo que unha mandarina normal. Esta e algo mais doce pero gorenta ben, saber sabia a condenada, e ademais cunha so unidade xa tes vitamina C para toda a semana

martes, enero 23, 2007


痛い Ou, doe carallo! .


CICLISMO AGONISTICO. Este era o titulo dun libro que un tio meu tinha nun estante do seu despacho e que nun veran hai xa moitos anos puiden ler e comprender mais tarde o significado de porque ese adxectivo para unha actividade presuntamente recreativa. Coa bicicleta aprendes, viaxes, descubres novos lugares e te descubres a ti mesma, os teus limites, as tuas sensacions ante a beleza, a dor, o frio e o calor extremo, o cansancio. Tamen o amor esta presente, pois tantas horas encima de duas rodas dan moito para pensar e darlle a sesera, matinando no que fixeches e no que vas facer, nas persoas que estan e non estan.

viernes, enero 12, 2007





DIA DA MAIORIA DE IDADE. Este luns, cousa extraordinaria en Xapon, foi festivo. O motivo da celebracion non era outro que celebrar a maioria de idade dos xaponeses. Todos os que cumpriran 20 anos naquel dia podian vestir os seus kimonos ou calquer tipo de roupas e reunirse para celebrar ese dia, a partir do cal, basicamente poden facer a cousa mais importante da natureza humana. Xa suporedes, non, iso non, o outro. Desde os 20 anos, noraboa, xa podedes churrar, darlle ao frasco, ponherse de licorcafe ata arriba, pimpar, empinar, beber, beber e beber. QUE VIVA BEBA.
As das fotos, amigas e desconhecidas, cumplian 20 anos nesa data. Os disfraces son ben bonitos e de todos tipos e cores. Nas fotos podedes ver a diferencia entre un kimono xapones e outro koreano.




TRISTEZA DOMINICAL. Cando un esta en horas baixas, cando a depresion dun domingo sen plan te destrue e correo a sesera, fuxir as veces pode ser a solucion. ALi, a escasa hora da minha casa, na natureza un encontra a paz e a tranquilidade da montanha, a auga, a neve, o sons da pureza natural, como debeu ser hai xa tantos anos, cando as materialidades non corrompian o planeta. Ali eu sentinme parte DEL e os dous xuntos caminhamos da man, en harmonia, en Paz. O branco da neve, a sua pureza, limpa tamen os males do corazon e do cerebro humano. Recomendabel.

CUMPLEANOS. No aniversario do meu amigo Patrik todos xuntos xantamos en familia e cordialidade disfrutando da gastronomia dos diferentes paises. A tortilla foi a minha contribucion a esta degustacion internacional. Sobre a saborosidade das viandas so decir, e non e mentira, que o dia seguinte a bascula marcaba un quilinho mais. Feliz Aniversario.

ALFOMBRAS. Xurovolo por Deus. Estaba eu cocinhando na cocinha comunal que temos na casa cando detras de min escoito unha voz perguntando polo meu amigo chino. Dou a volta e vexo a un mouro, si, un mouro. O primeiro que se me veu a cabeza, xurovolo por Deus e me cago nas xeneralizacions e nos topicos, foi: "Non, non quero alfombras, non quero nada!". Despois de mirar para el escasos segundos conseguin reaccionar e dixenlle que vive ai, na seguinte habitacion.
Feitas as presentacions, o rapaz resultou ser un vecinho de perto de Marraquech, que vive en Xapon desde hai catro anos correndo meio maraton e traballando. Era amigo do meu vecinho, e nesa tarde absolutamente kafkiana, na que as cousas mais raras podian suceder, rematamos merendando no meu cuarto en Xapon un chines, un marroqui e un galego. Parece un chiste pero non o e. As cousas boas que ten a vida.



A TODO POEQUINHO CHEGALLE O SEU SAN ANTONINHO. Non, non e a matanza ainda que o pareza. Primeiro cubrese ben o piso para non ensuciar e logo atase e reducese o suxeto ou victima para que non se mova ou fuxa. Que e o que vamos facer. Solucion un pouco mais abaixo.

PERRUQUERIA. Aos que ledes xa hai tempo este humildisimo blog, xa veriades a minha nula pericia aa hora de cortar o pelo. As manualidades nunca foron o meu, de ai que tivera que repetir 3 de EXB en duas ocasions, primeiro por non saber manipular a plastilina e segundo por utilizar o punzon con finalidade non permitida nen recomendada. Pois ben, ainda asi hai xente que lle bota un par e atrevese a pedirme, ollo, domingo pola manha (a iso das 9.30), que lle corte o pelo. Bravo polo meu amigo chino. Ali vamos nos, eu esmendrellandome coa risa e co pulso de amante do Dyc ou doente de parkinson. Ali caia o cabelo como se estivese a podar o xardin. A carinha do rapaz o dicia todo e eu que non podia coa risa. Ao final, bon, ao fin non foi tan mal. Cinco puntos na orella e os cartos da perruqueria ben aforrados.

NOVO CONCURSO. Premio gordo para quen me saiba decir que fan estes tres individuos, as nove da manha dun domingo, no parking enfrente da biblioteca municipal e armados con esas pinzas. Unha pista, non van depilarse e tampouco andan de resaca.
Solucion: Suponho que alguns xa o adivinhariades. Son tres rapaces que altruistamente decidense (sen ganhar dinheiro, ollo para os navegantes) a recoller o lixo que outra xente tamen "altruistamente" deitou polas ruas. A limpeza ee tan meticulosa que a fan con pinzas, pois recollen ate as cascaras das pipas. Estan eles como para ir limpar nos aledanhos dun estadio de futbol ou na rua do Orzan un domingo a iso das 6 da manha. Meus coitados. Un aplauso para o numeroso voluntariado xapones.

viernes, diciembre 29, 2006

FELIZ FIN 2006 e COMEZO DE 2007. Hoxe acordei cedinho e non tiven mellor regalo que ver como caia a primeira nevada do ano (ou a ultima) en Kyoto. Sain a rua a iso das 8, a bicicleta tremia co frio (sete baixo cero) e din unha volta polos templos de Kyoto na procura dunha boa foto. Lastima que esquecera a camara (so levaba a do mobil) pero o recordo dun branco Nadal en Kyoto xa non se me borrara nunca.
Perdoade que ultimamente deixara esquecido bastante o blog, pero entre traballo, estudo, amigos e deporte baixeme o tempo todo. Non prometo escreber mais pero si facelo con mais enerxia. Un abrazo co meu 心 (cordial, do corazon) para todos os que me len e para todos os que estan ai. SI, de ti tamen me lembro, non o dubides. Moito animo para os currantes de Carrefour, forza para as opositoras e 頑張って para todo o resto. Para a familia o meu agradecemento e carinho.


BRILLAR. Como lles gusta brillar, chamar a atencion vestidos de maneiras case que ridiculas, encher de luces o fin do 2006 e apagalas en canto empeze o 2007. Mal comezo de ano para un Xapon cheo de festas sen identidade.



FESTA NA ACADEMIA. A diferencia entre a festa que tedes descrita mais abaixo e esta parece que ee abismal. Os da foto parecen que estan a esperar o Calpita para ir a unha laconada de reno. A alegria das festas en Xapon depende, como en todos os lugares, da disposicion das persoas. Cando non hai non hai, e os chinos e estes suecos non se pode dicir que sexan a alegria da "orto deleitoso".

miércoles, diciembre 27, 2006


Perdoade, meus queridos e queridas, pero ando tan ocupado que non vos tenho tempo para escreber catro miseras palabras neste humilde e familiar blog. A minha ultima foto daravos un claro exemplo de onde ocupo estes ultimos dias. Eu estou detras DELA.




A VERBENA, PARTE SEGUNDA. A ainda innarrada parte primeira da verbena transcorria hai un par de meses cando dous incantos gaijins (estranxeiros) acodian aa cita co seu equipo de futbol. Tratabase dunha cea de benvida e carallo coa benvida. Comezamos a iso das 7 da tarde, unha barra libre nun restaurante. Xa saimos de ali, tras duas horas de darlle bravamente coas largas postas. A conha e que os xapos tiveron a "grande" idea de irlle tomar outra a unha izakaya (lugar para beber sake e estar tranquilamente en companhia dos teus, charlando). Os nosos etilimetros estouparon e tanto o sueco como o menda acabamos durmindo a mona a iso das 10 da noite na sala de ordenadores da Universidade de Kyoto. Cando despertamos, sorpresa, onde carallo estabamos, porque eu estaba a dormir sobre o teclado dun ordenador e sentado nunha cadeira, como era que xa habia luz solar, que era aquele barullo na minha espalda (o sueco chamando a rauuuuuuuuuuuuuuuuul), onde estaban as nosas bicis; en fin infinitas perguntas sen resposta. A resaca foi das gordas.
Eche por iso que tinhamos ganas de rebancha e asi fomos a nosa segunda gran verbena. Empezamos cun cumple, (premio para o que descubre que lle regalamos nos a ese coitadinho. Se vedes as caras deles, del e dela podedelo intuir), e rematamos bailando a conga e cantando Asturias patria querida a iso das 6 da manha en deserticas ruas kyotenses.





Xa, o despiporre. O vale todo, o lenha ao mono que e de goma.


REponhendo forzas ou durmindo a mona nunha segunda izakaya.




Xa rematandoa, no ultimo karaoke do dia. O despelote e finalmente a resaca do dia d.

MUSICA NA RUA. Resulta mais que curioso que pese a Xapon ser un pais tan ordeado e ter as ruas impolutas de lixo, logo a xente deixa a bicicleta aparcada onde lle sae do cimbel ou se pon a tocar musica na esquina mais centrica e colapsada da cidade. A min particularmente este segundo caso pareceme ben, sempre que a musica sexa de calidade. Xa sei de algun que na nosa terra saca a gaita a pasear e ganhar uns cuartos ainda que ainda non sabe se ten que soprar por ela ou polo alcoolimetro que lle puxeron diante no fin de semana. Cando tirei esta foto sentinme un pouco Lost in Translation; nun mundo que non era o meu esperaba sentado algo, non sei o que, escoitaba a musica e via como a xente, o rebanho, circulaba diante nosa indiferente ao son e aos sentimentos.

domingo, diciembre 03, 2006

AMERICAN CLUB. Non, non se trata dun club de eses de luces, deses nos que habitualmente parades cando viaxades pola antiga A6, creo que agora AP9. Non, American Club eche unha academia de linguas. Para mais inri, a academia de lingua na que o menda da aulas de espanhol. Manda carallo, co panico que lle tenho eu aos yankis e voume meter en tan patrioteiro lugar. Pero a cousa ten mais aquel. Ainda que na sua porta de entrada podedes atopar unha bandeira de barras e estrelas, se vos achegades ao despache, oju, aja, que ven meus ollos, quen e ese barbado home. Fotos e mais fotos de Fidel Castro, do Che, de Raul. Pero, que carallo ee isto, unha tapadera dos servicios secretos cubanos no Imperio Xapones? Quen ten tanto apego polo xa maduro de mais Fidel Castro? Non me atrevo a perguntar non vaia ser que meta a zoca e me boten a rua. Por agora eche fonte de ingreso e pese a que a calidade no e moita cousa e a que tenho que ir ben vestido, ai me podedes encontrar dous ou tres dias por semana. Entre fideles e guasintones.




MOMIJI. O outono chega en Xapon coas suas cores marabillosas, enchendo de cores amarelas, vermellas, verdes, marrons,... todo o vizoso bosque xapones. A cidade de Kyoto tamen fica preciosa (as fotos son de parques dentro da cidade) e ordas de turistas acheganse os fins de semana para simplemente queimar gasolina e gastar cuartos. Eu arredome, fuxo, tiro para o monte e intento achegarme aa tranquilidade. Agora a perna (esguince) non mo permite asi que transmitovos coas fotos unha pequeneira parte da espectacular beleza do Outono xapones.




miércoles, noviembre 29, 2006

Desculpade a tardanza nas actualizacions do blog, pero e que ademais de agora estar lisiado (esguince no nocelo) o non ter internet na casa faime ben dificil a minha comunicacion semanal cos meus. Ademais xusto agora acabaseme a bateria e non podo subir mais imaxes. ごめんなさい。 Desculpade e ata dentro duns dias.



VER KYOTO DESDE AS NUBES. Xa subira mais imaxes de Kyoto desde as montanhas, pero definitivamente atopei o lugar idoneo para disfrutar das vistas. E ali me fun cos amigos, ascension diurna e regreso nocturno, a esperar que a noite enchera de maxicas luces a escuridade da natureza. Paisaxe espectacular. Lastima que a camara non poda captar a paz e beleza que se vive desde a tranquilidade e soidade da montanha.

MODAS

3, 2, 1 IGNICION. BANHO. Non o podo evitar. A minha fascinacion ante a arte retretil e inodora xaponesa. Fio musical reproducindo sons da auga a caer en cascada, calefaccion, reguladores de temperatura, chorro de auga, bidet incorporado, chorro de auga directo aa ojarasca, ai, si, al ojal, pa dar gustirrinin. Ademais con regulador de intensidade, para os insensibeis e tamen para os ainda non desvirgados. O punto g masculino descubriuse en Xapon.

COROS E CANTOS POPULARES. A minha voz de baritono todos a conheceran. Son capaz de facer vomitar a xente ata estando en xexun, pero ole os meus collons toreiros e ala fun eu a inscribirme no Coro da Universidade de Kyoto. Aqui estamos adestrando uns cantos. Xa vos colgarei fotos do meu estreo musical. Se xa son penoso cantando en galego ou castelan, que temblen os xaponeses. Non vos estranhedes se de repente chove na Galiza. Efectos colaterais.


CHEGOU O NADAL NO PAIS MAIS CRENTE DO MUNDO. A crenza no consumismo exacerbado, no enfermizo afan de ter mais. O modelo yanki entroulles ata a rabadilla e aa hora de comprar Xapon tamen se apunta as festas consumistas.

domingo, noviembre 19, 2006


OBENTO. Hoxe vai de comidas, e no mais alto do caixon e non por calidade senon por utilidade esta o Obento. Estas caixinhas estanme a salvar a vida aqui en Xapon. Alguns xa saberan da minha preguiza gastronomica e a minha pericia e virtudes aa hora da coquinaria. O obento e a minha comida diaria, como o colacao. Tratase dunha caixa de madeira ou de plastico segundo a calidade, e con diversos produtos xaponeses (normalmente acaban con lixo. Iso de non saber o que estas a comer...yuyuyuyu) xunto co correspondente arroz, spaguettis, carne, peixe ou legumes. O prezo varia moito. Os mellores andan ala polos 700 ens e logo o normal eche 400 ou 500 ens, que e o que venden nos abundantisimos combini (24horas, tan numerosos como os nosos super). Pero se buscades ben podedes atopar un obento por uns miserables 250 ens (1.80 euros) e asegurovos que a calidade non e tan baixa como o prezo. Deus salve a vida ao おべんと


TAKOYAKI. (Polvo grellado). Hai se os xaponeses cataran o noso polvo a feira, canto exito teria. O sucedaneo de aqui son estas bolas de masa que envolven un anaco de polvo. As mais famosas tedelas en Osaka, ou sexa que se ides a esa cidade non dubidedes en probalo porque son o prato tipico. Iso si, o mais divertido e ver como as preparan, a verdade e que os asiaticos son uns maestros coas mans, debe ser polo aquel de usar os paocinhos desde pequenos, pero a sua axilidade non ten comparacion, sobre todo se o comparamos coas minhas parkinianas articulacions. En Kyoto seis unidades son 180 ens, (1.30 euros) pero en Osaka o prezo sube ate os 300 ens.
COROS E DANZAS. Eu non sei como pero fun inscribirme no coro da Universidade de Kyoto. A cousa ten o seu aquel porque a minha voz e sensibilidade para cantar debe estar no cu, pero con tal de pasalo ben e confraternizar cos oriundos e demais foraneos no pais, agora me tedes cantando unhas coplinhas e panxolinhas. O proximo fin de semana e o meu estreo e xa vos colgarei algunha fotinho. Non chego ao nivel dos "castrati" nen moito menos, ando polo nivel 5 ou Bustamante, usease, un desastre ou cantar como o cu.

O CAMINHO DAS LOUSAS AMARELAS. O Mago de Oz debia de estar cego, pois o caminho de lousas amarelas non e outra cousa en xapon que unha autoestrada quilometrica para os invidentes.

martes, noviembre 14, 2006


EL. Matino en se os Calvinistas tinhan razon cando afirmaban que o culto a imaxe era idolatria e se asentaban na sua severa posicion non iconoclasta. Esa relixion afirmaba que o pensamento visual eche inferior ao verbal. De acordo ou non, o autor, EU, interesase polo cine e a imaxe debido a sua rebeldia eclesiastica endemica.

ELA, ela, a minha amiga, sempre sincera, ela, a que me leva, ela, a que me trae, ela, a que me ensina o que e dor, cansancio, belez, esforzo, ela, ela, ela, que cacho cabrona.

PLANCHAR OU PASAR O FERRO. Xeitos de planchar hai centos: ben, mal ou fatal. Eu son dos que pensa que Perrot tinha razon cando escrebia a segunda lei do Manual para o Exito Fabril. "Non hai tarefa tan doada que non se poda facer mal". Eu son dos que a cousa mais doada e facil a fai dificil e mal. A FALTA DE PLANCHA BOS SON LIBROS E CAZOLAS.

CAFE OLE. Nen isotonica nen reponhedora ao instante, pero esta bebida adictiva ten gran exito aqui. Para os non amantes do cafe, como eche o meu caso, este amago de leite, auga, mais auga, cafe, cazalla e achicoria eche a bomba. E como gorenta


FUTBOL. Enesima equipa de futbol na que entro, pero por primeira vez en Xapon. A verdade e que ainda que os terros de xogo son un autentico patacal a cousa ponse seria. 8 horas por semana para perder a metade dos domingos. Os adestramentos sen risas nen gaitas, aqui hai xogar con seriedade nipona. A nota a pon un galeguinho bailon tocapilotas, que anda danzando por ai e que non deixa de mostrar toda canta picaresca hai en Espanha (sobre todo nos corners). O xogo duro e o lenho ao mono que e de goma foi inventado nos campos de xogo de Elvinha. E se non que llo pregunten a un dos comearroces do partido do domingo, que ainda non ben transcurrido un minutod de xogo xa levaba "omiyague" (recordo) de Galiza e paseo caminho dos vestiarios. Animalinhos estes galegos.

martes, octubre 31, 2006


A mona colgada en Xapon, e nunca mellor dita (que cada quen entenda o que queira).

CONTRASTE. "COGIRLS" pasando ao lado dun "austero" budista. O mundo dos contrastes. O simbolo maximo do consumismo xapones e quizais mundial (a muller xaponesa) xunto a austeridade que supon o budismo. Por suposto esa austeridade xa non existe e Xapon non vos e Birmania. Aqui os monxes viaxan en moto bemeuve ou en toyota grancalibre para facerse notar e quizais acadar a iluminacion do dolar.






ESTAMOS XENEROSOS E HOXE O DAMOS TODO. Se non tivechedes sorte coa proba de mais abaixo, premio de perrito piloto para quen saiba que "segredo" esconden as seguintes figuras budistas. Algo se oculta e cando o "rio suena...". A cousa eche impresion minha porque ninguen se fixou nisto asi que ainda estou a pensar se a minha mente e realmente depravada ou tenho boa ollada para a arte.

PREMIO PARA QUEN SAIBA QUE "COMIDA" E A DA FOTO.

CARTEIRA. A foto non teria nada de particular. A tipica carteira xaponesa para os rapaces ir a escola. Herdada do exercito holandes e feita de coiro, hai xa decenas de anos que a rapazada xaponesa a usa para levar os libros. O conto non teria mais historia se non fora polo prezo. 40000 iens pa riba, e dicir, 300 eurazos par un neno levar os libros. Delictivo, nen que fosen a Guerra do Golfo..


CONTADORES. Moi sofisticado eche Xapon pero ainda utilizan o abaco para facer as contas. Os das fotos son persoas contratadas polo governo e que se adican a contar. Contar coches, contar camions, motos, bicicletas, contar persoas, cans, cadelas, vacas marelas ou zepelins. A cantidade de botons que tenhen esas mesas de contaxe serve para catalogar o artefacto o individuo que pasa por un determinado lugar. Asi, cando pasei eu coa bici por delante deles sacandolles a foto deberon premer o boton: Gaijin (estranxeiro) tocapelotas pero terribelmente atratcivo e cunha longa longa...

martes, octubre 24, 2006




PROCESIONS. Xa acabaron as procesions en Kyoto. Estas foron as ultimas. kyoto debe ser como en espanha un valladolid ou algo asi, todo curas e relixion. Tratabase dunha aburridisima festa na que unhas 2000 persoas, vestidas con roupas e apeiros do pasado, pasean polas ruas unhas oito horinhas. Despois de duas horas continuas, o unico que puidemos comprobar e que estar na mesma posicion sen moverse fastidia bastante as costas e tamen corroboramos que xapon eche ben conservador, pois as roupas da era edo son case iguais que as da era meiji e tamen iguais as dos seculos VII ou VIII. 1000 anos sen cambiar os gayumbos son moitos anos de dios.
Nas fotos incluo duas procesions, unha no rio, breve e mais bonita, con ceremonia incluida na que unha parente do emperador, despois de purificarse durante 3 anos (o que faria para ensuciarse durante tanto tempo. pecadora!) regresa a vida normal.


CASA DE INVITADOS (na foto tedes o muro da casa de invitados do pazo imperial de Kyoto. Eu perguntome, se a casa de invitados e asi, como sera a do emperador?).
Do poder dos monarcas europeos xa sabiamos todos, pero os de aqui tamen non as gastaban chicas. Pedazo pazos. O de Kyoto foi o ultimo en construirse, hai uns 150 anos recuperaronno para que o emperador fora de paseo. Ten 1.5 x 1 km asi que desde calquer lugar alto distinguese porque parece un xigantesco campo de futbol, como o de oliver e benji. Dentro deste agora parque atopamos esta casa de invitados xunto a do emperador. Penso eu, como chame a porta un correo comercial e te pille no outro extremo facendo a colada vas cagarte na publicidade e en non ter comprado un pastor aleman.



OTAKUS. Non sei exactamente o que significa este termo tan difundido. Suponho que o podemos estender e incluir a calquer persoa fanatica de algo, do manga, dos ordenadores, das cogirls ou dos callos madrilenhos. Aqui en xapon, dos tres primeiros grupos haivos a cascoporro, lexions deles dispostos a morre por o ultimo numero de manga ou por unha foto co seu idolo ("idols" en xapon e calquer persoa de entre 16 e 70 anos vestidas para matar, maquillaxe plastificador, palabras escasas, sorriso profident e que habitualmente fan que cantan ou algo asi, pero calquer parecido co arte da musica e mera coincidencia. A cousa e que cada vez que asoma un destes idolos na television as adolescentes entran en ataque epilectico, correndo como unha galinha sen cabeza, bobamente, amosando a sua mais que fertil estulticia e berrando gratuitamente palabras que o receptor xamais contestara). Cagho no multimedia).
Buf, que me vou. Unha paixon que hai en xapon e que non ves na nosa terra e a das camaras fotografica. Cacho camaras que se gastan, con zooms deses que che miran ata os acaros da epiderme. Calquer actuacion publica na que haxa rapazas, ali tes a unha masa excitada de homes (sempre homes, por que non hai homes fotografos?) xogando cos seus xoguetes de todas as tallas (mobiles tamen valen) e sacando fotos de calquer chiquilla en plan sesion pornografica. Eloxio pederastico.
As ultimas semanas foron tan tranquilas, de recollemento e estudo que non sei que me da escribir no blog. A vida cambioume moito en Kyoto e agora as clases son duras asi que todos os dias tres ou catro horas de estudo, a parte das horas de clase, non mas quita ninguen. A pesar deste esforzo semella que o xapones non avanza e todo isto debo agradecerllo aos kanjis (esas letras de orixe chines tan bonitas pero tan dificeis). Cago nos kanjis e en San Francisco Xavier, que levou de todo para xapon pero esqueceu traer a idea da economia linguistica e o alfabeto latino. Aiii, se os tivesemos colonizado e "civilizado" como a outros (hahaha, que malo son).

lunes, octubre 16, 2006

ESCOCEMOS A PANDEIRADA ESCOMECEMOS A FESTA XA. Para os poucos que me len, pedir desculpas pola longa ausencia, pero ete que agora estou definitivamente sen ordenador e andoo facendo como podo. Moitas historias que contar pero non tenho moito para iso. Comezarei polo mais salientabel.

O mais salientabel destas ultimas semanas, a parte dos meus fracasos sentimentais, foi a visita que tiven dun merodeador nocturno que acechaba desde terras pucelanas. O rapaz leuo meu blog e como vai ir estudar a Tokyo veu facer unha visita. Que sorpresa me levei, pensando que ia encontrar un frikazo do manga e tal, e atopome cun rapaz berciano, de Bembibre, que fala un galego que xa alguns quixeran e que responde ao nome de Blas (un saudo desde aqui). O gambitero resultou ser unha xoia de home, divertido e que non se corta un pelo a hora de entrar sen pagar e profanar templos budistas. Estos ateos do carallo, a cona que os botou (frase que lle encanta a blas). Visitamos alguns dos famosos lugares da cidade, como os que podedes ver mais abaixo.


KINKAKUJI OU O PABELLON DE OURO. Ademais da sua maxestuosidade engadese o mito de Yukio Mishima. O escritor xapones, despois de estudar con profundidade psicoloxica a personalidade do monxe que nun arrebato piromano queimou en 1950 o templo, realizou quizais a sua obra mais famosa relatando o suceso que ai acontecera.
Para min, as obras de Mishima non merecen moito interes, se cadra non souben apreciar tanta profundidade, cheganme a aburrir, pero o tipo, premio nobel, eche famoso por polemico e morboso. A xenialidade vai unida a loucura e este fenomeno creo que andaba sobrado da segunda que da primeira. as suas radicais, ultranacionalistas e conservadoras ideas politicas tiveron fin cando nunha rolda de prensa colleu e fixose o seppuku (iso tan indoloro de meterse unha espada toledana ou de arbasete pola barriga e logo movela de abaixo a arriba). Cacho animal. Disque ningue sabe se foi arrebato ou planificacion, ou quizais a farinha que estaba mal cortada.


FONTE DOS TRES CANOS. Tres chorros de auga hai en Kyomizudera. O da esquerda da intelixencia, o do centro prosperidade economica e social e por ultimo o da dereira unha larga cola, de esas que non te deixan saltar a valla, vamos, un senhor po...n. (en realidade proporciona unha longa vida, pero eche igual). Pois o caso evos que por outros 200 iens podes beber a auga (previa desinfectacion e esterilizacion do vaso cun moderno sistema de raios ultravioleta, a canha) pero, ollo! se bebes dos tres, por avaro, os efectos neutralizanse. Asi llo fixen saber ao artista de Flapi, espanhol ultraconhecido polo seu blog e verborrea na zona de Kansai e que nos comentou que si, que el bebeu dos tres e que si e verdade que os efectos neutralizanse, porque ainda a ten pequena.

Kiyomizudera. 300 iens que si merecen a pena para visitar un dos templos mais famosos de Kyoto. En outono e primavera as cores transforman o templo nun xardin apolineo desde o que divisar Kyoto.

viernes, octubre 13, 2006



XARDIN DE AREA? Pero toda esa xente tan concentrada que está a ollar? É o Betis-Sevilla, será o derbi madrileño, unha stripear?, non non non, un demo me coma, quince pedras que en realidade son catorce e que forman un "xardin" de pedras e area. Para min un xardin budista destes non di nada, está morto e para relaxarme prefiro estar eu so, na verdadeira natureza, vendo unha árbor, as ondas do mar ou escoitando chillout, pero que me vendan que un "xardin" sen vida ningunha, con catro pedras ao chou pode ser o camiño á virtude que te leve ao orgásmico nirvano. Vamos! Pois alí tedes a xaponeses e foráneos en masa, centos para ver xuntos o misterio das quince pedras. O único que che fai pensar este xardín é se realmente mereceu pagar os 500 iens da entrada. Facedevos un favor e aforrade os cartos ou dádellos a un necesitado, así sí que alcanzaredes a virtude.

NON É O VATICANO PERO... E diredes vós, de onde sacan os cartos para tanto ouro? Pois a cantidade de diñeiro que se levantan os monxes cos templos budistas e sintoistas non ten nada que envexar á igrexa católica. Templos ateigados con prezos de entre dous e catro euros. Devotos domingueros dando moedas a eito en cada chorrada que ven, donativos... Vamos, o negocio xa estaba inventado pero parece que vai seguir no futuro. Para que logo digan que o budismo é antimaterialista e que é a mellor relixión e blablabla. En todos os sitios fabas verdes.

OS CORVOS DE XALLAS (que diría Pondal). Di a lenda que os corvos que pupulan por Galiza son os cabaleiros da taboa redonda e Artur esperando a que a séptima e derradeira idade da humanidade chegue e con ela, estes corvos podan transmigrarse á sua figura antiga de cabaleiro levando a nosa civilización cara a virtude e suprimindo o pecado. Boa falta que facía pero creo que os corvos xaponeses pasan destas andromenas.

BAMBÚ. En xapones "take". Famoso por estes lares e aínda que xa non hai osos pandas praa comelos todavía podemos atopar moitos bosques desta máis que resistente e flexíbel árbore. A parte de comelo cando é pequeno, os xaponeses utilizan a súa madeira para facer paos dela e mesmo o colocan como andamiaxe na construción de edificios.

HEIAN YINGU, O TORI MAIS GRANDE DE KYOTO

DE COMO A POLICIA TRABALLA. En Xapon, por moi pequeno que sexa o delicto ou accidente, aí tes a uns cantos polis investigando o caso como se de CSI se tratara. Xa me dirás ti se che rouban unha bici en España o que vai pesquisar a madera. Aquí é diferente, os polis cumplen e andan revisando as matrículas das bicis por se soa a frauta e hai algunha roubada. Un aplauso para eles pero que tampouco miren moito porque sei de algún -o menda- que gasta un par delas ufanadas.

INUTIL OU SEN GASOLINA

domingo, octubre 01, 2006




INCENDIOS. Algo que chamou a atención este verán foi que en Xapón, habendo tantas árbores, sendo un país tan montañoso e de difícil acceso, estando as florestas sen explotar, e facendo tanto calor, como é que fan para non ter incendios forestais. Galiza ardeu como sempre (Asturias curiosamente non arde tanto e a súa orografía aínda é pior) e aquí o lume so existe nas grellas dos chourizos parrilleros. O bosque de Xapón é tremendo, fechado, vizoso, barrocamente poboado de infinitas especies de árbores que crean no seu interior unha humidade permanente, verán e inverno. Ese é o verdadeiro segredo dun bo cortalumes. Árbores autóctonas que evitan a propagación do lume e son difíceis de queimar. A natureze é sabia e esperemos que os novos técnicos da Xunta cambien definitivamente a súa política forestal e aposten polo futuro voltando plantar carballeiras, soutos, e demais árbores da Galiza.


PARQUE DE ATRACCIóNS? Si, sabemos que os xapos traballan moito, que non teñen tempo, pero porse a dormir nun parque de atraccións despois de ter pagado relixiosamene os 23 euros da entrada pareceme xa un exceso. Hai xente que entra só para pasear, tomar un cafe, comer un xelado e ver as caras amarelas e mareadas da xente. Hai moito desfile en Xapón por parte da rapazada e calquer lugar é bo para mostrarse. Rematado o día de emocións volta a casa no tren con sobada incluída. (hai que ver como lles gusta dormir).


PARA QUE SE QUITA A XENTE OS ZAPATOS ANTES DE SUBIR NA ATRACCIÓN? :
A) Porque vai moita calor e hai que ventilar.
B) Como nas casas xaponesas, non se pode manchar o chan.
C) Para non perdelos
D) Porque facilita a circulación do sangue.
E) Non hai motivo, son as normas e "se acabó".
A resposta máis abaixo aínda que se vedes as fotos xa entenderedes o porqué. Ao que acerte premio dun perrito piloto.



PARA NON PERDELOS. E é que a montaña rusa invertida non ten outro apelativo que o de animalada. Xa na entrada prohiben a entrada a maiores de 60 anos, persoas con problemas cardiacos, tensión baixa, xente que durmiu pouco a noite anterior, que non comeu ou que comeu de máis, xente baixo os efectos do alcool, etc, vamos, que a pouco máis e che fan unha proba de ADN e te cachean o corpo en plan aeroporto yanki, exploración da ojarasca incluída. Unha vez dentro, esperar e voar. Recomendo subir como mínimo dúas veces para vivilo con máis "tranquilidade"


FOTOS DE EXPOLAND.



Máis fotos de expoland. Nalgunhas das atraccións, de tantas voltas que dabas vin chover por primeira vez diñeiro. Os bolsos e petos amplios son contraproducentes neste tipo de eventos.


EXPORANDO (expoland). Expolandia é un dos parques de atraccións da rexión de Kansai, a meio camiño entre Kyoto e Osaka. O nome débese a que foi creado no recinto que ocupou en 1970 a Expo de Osaka e desde ese ano foi crecendo como un dos mellores e baratos parques de Xapón. Sen dúbida a montaña rusa invertida "Orochi" (nome dun dragón) é a máis famosa atracción pero non por iso a mellor. Despois de subir en todo canto haber, tiovivos e tobogáns incluído. Despois de rirme na casa do terror a costa dos inocentes xaponeses, de ter pasado un frio incríbel na casa do xeo, de subir e norias e montañas rusas de dimensións xigantescas, dicía, despois de todo isto o único que sinto é unha sensación no corpo de incomodidade, co estomago a bulir e sen saber se queres vomitar, cagar, ou voltar a montar. A verdade é que os seres humanos somos do máis particulares, pois sabendo o medo e mesmo padecemento que provocan estas diversións de feria, a nosa actitude sadomasoquista impúlsanos a subir unha vez máis e transformar o medo e as forzas gravitatorias en pracer. Eu polo menos así o fixen e xa podo morrer sen ter que visitar ningún outro tipo de parque de este tipo. Na foto podedes ver o páxaro multicolor, un dos restos da Expo do 70 e as vistas desda a noria.

GUSTANCHE OS PEMENTOS? Para os amantes de Shinchan que non se preocupen porque aínda en Xapón están a emitir novos episodios das súas aventuras. Aquí non chegou a ser tan famoso como en Galiza pero ten tamén o seu tirón.



CEMITERIO DE BICICLETAS. Xa saberedes que en Xapón o meio de transporte máis utilizado é a bicicleta. O motivo: a falta de espazo e o ateigamente das estradas. Tamén influe o prezo da gasolina (máis ou menos igual que en España), o costo dos parkins -hai que ter en conta que aquí está prohibido aparcar nas rúas- e supoño que tamén o excelente servizo do transporte ferroviario. Pois ben, xa desde que cheguei aquí chamoume a atención a cantidade de bicicletas abandonadas que hai na cidade. En calquer recuncho podedes atopar estas bicis e algunhas en perfecto estado coa salvedade dunha roda picada ou un radio roto. O por que de este abandono masivo dos prácticos velocípedos soubenno hai ben pouco, cando piquei unha roda e fun pra unha tenda facer a reparación. Prezo da colocación dun parche no pneumático: 3000 iens (24 euros). Evidentemente regresei a pé a miña casa, comprei nun todo a cen un quit de parches e solucionei por min mesmo o problema en apenas vinte minutos. Así explico o por qué de tantos abandonos, sae máis barato comprar unha bici nova (custan arredor dos 40 ou 50 euros) que facer unha mísera reparación. Eu, como fillo do meu pai, xa teño catro bicicletas no parquin da miña casa, e iniciei unha pequena colección coas orixinais bicis que por aqui se gastan. Tan fácil como dar un paseo e ir recollendo algunha das que hai por aí ciscadas. (na foto podedes ver un camíon que se adica a recoller as bicis estragadas no meu bairro. Se observades ben veredes que case todas están novas e apenas teñen algun desperfeito. Despilfarro capitalista).

jueves, septiembre 28, 2006


ABUNAI, A SIMPATIA XAPONESA. Non sei porque pero existe o mito en Europa de que os xaponeses son moi simpáticos e axudan aos estranxeiros en todo canto poden e tal e cal. Eu por agora non tiven a oportunidade de observar moita diferenza co noso país e se existe é no seu defecto. Para nós, persoas de cultura cristiá, relativamente máis abertos e impulsivos que os asiaticos, acostumados a facer o que nos apetece e non pensar tanto nas consecuencias das cousas; chegar a unha praia e bañarse, subirse a unha árbore, tirarse desde unha ponte á auga, ir en bicicleta pola estrada e non pola beirarrúa, etc, son cuestións ás que non lles damos a maior importancia pero que aqui, por sairse do regulamentario, veñen acompañadas da bronca das autoridades (ou non) niponas ao unísono grito de "abunai" (perigo, coidado = prohibido). O caso é que Patrik e eu, enchegándonos a Amano-Hashidate, atordoados pola beleza do lugar decidimos tirarnos da primeira ponte que atopamos. A ideia saiume asi, de repente, estábamos a cruzar e apeteceume tirar a roupa e saltar. Cando saía da auga deume un repeluco como cando te pos a mexar polas mañás, de gosto e alivio ao mesmo tempo. Os dous celebramos alcanzar a meta saltando e facendo o monas, Patrik corría emocionado como unha galiña sen cabeza cando escoitamos a xa redundante "ABUNAI". Ouuuuu, que leria, outra vez o conto de sempre. Alí estaban os capitáns de sendas chalanas dicindo que non se podía saltar desa ponte, que eran as regras (supoño que no Codigo Penal xaponés saltar desde unha ponte a auga está penado con penas de 3 a 5 meses de cárcere) e que non o volveramos facer. Nós insistimos, dixemos que non faciamos dano a ninguén (tiñamos ata espectadores) e que un par de fotos e acabamos. Asi que outra vez ao trampolín e HOP, cando de repente os dous capitáns, con pinta da mafia do Pachinko ou yakuzas, suben á ponte e comentan en plan violento que non podemos saltar, que pode vir un barco e tal, e que se o volvemos facer nos solta unha tollina que nos pon a bailar e logo chama á policía. Nós rimos e eu soltolle que non sei como serán os ollos dos xaponeses pero os meus son suficientemente bos como para ver se ven un barco "Me ga arimasu neee". Resposta inesperada e alí se achicaron quedando a cousa en un salto máis e tablas, nen pa ti nen pa min. Unha vez máis a simpatía nipona facéndonos ver a realidade uniformada das cousas e imaxino que tamén eles pensando sobre nós, os estranxeiros "están tolos estes romanos, maleducados do carallo".


MAIS SOBRE AMANO-HASHIDATE. OS PROTAGONISTAS. Xa comentei máis abaixo que esta foi a mellor viaxe. Non foi nen polo lugar, nen polas baixas temperaturas nen por ningunha cuestión material. Foi pola amizade, pola compañía. A compañía de alguén co que comentar as xogadas de moviola é vital para ver un bo partido de fútbol, igual ocorre nas viaxes. A cantidade de trasnadas que fixemos non teñen comentario e sen alguén co que compartir as risas as anécdotas non teñen graza e non hai ninguén para recordalas. O meu amigo sueco é home frío, de palabras xustas pero amábeis. O rapaz ten cara de anxo ou mormón ou algo así, e a verdade é que é bastante conservador para vir de suecia pero o aburrimento da vida nipona fan que as ganas de troular crezcan máis que as accions de fadesa ou endesa. E alí nos fomos, pouca equipaxe e dispostos a comer quilómetros esfameados como somalís. Cando chegamos ao mar disfrutamos por primeira vez dun baño nas augas do Mar de Xapón (ou Korea) e fitamos apanpados a beleza das ariscas costas niponas. O pior da viaxe foi sen dúbida a noite. Ataviados só das nosas roupas de deporte e uns míseros guantes, acubillándonos nesas cabañas que había na praia (na foto) e protexéndonos da humidade e frieza da noite cunhas bolsas de gadis, a noite fixose eterna, voltas e máis voltas co barullo que meten as consabidas bolsas, buf, que tormento. Ao final tres horiñas xustas de sono, ver sair o sol correndo de aqui para alá debido ao frio e outra vez para a carretera. Agora con destino a Kyoto percorrendo toda a costa e subindo as montañas do norte desta prefectura. No meio parada nun super para recobrar enerxías derrochadas, siesta española nun banco do super e para casa.


SOBRE OS CHINOS. Na miña aula de xaponés tiven a oportunidade de coñecer máis polo miúdo a cultura chinesa e como son esas xentes. Na miña clase somos 19 persoas, tres koreanos, dous suecos, un galego, dous indonesios, un norteamericano, un hungaro, un de Sri Lanka (srilankés, ceilandés???), un israeli e seis chinos.
Non sei por que pero estas xentes caíanme ben cando estaba na Coruña. Eles, tan calados, adicandose con esforzo ao seu negocio, blablablablá, pero cando os coñeces polo miudo descubres que arrastran todas as taras do seu país. A fechazón, a falta de democracia, o ultranacionalismo e a ignorancia para con o resto de culturas. Un exemplo. Non sabían (ningún deles) onde estaba Israel, España ou Suecia, se en Africa ou en Europa. Hai que telos ben grandes para non estudar iso no instituto (todos teñen por riba dos 20 anos polo que se lles supón certa cultura adquirida pero debe ser que en Asia non teñen interese nestes temas pois koreanos e xaponeses non amosan unha cultura moito máis amplia -inclusive inferior-).
Os chinos que viven en Xapón, na inmensa maioría non teñen nen moito menos unha boa ideia sobre este país que os acolle. Aínda lembro na World Cup de fútbol deste ano como celebraban os goles que a selección xaponesa encaixaba. O día que quedou eliminada atreveronse a cantar e a berrar de felicidade diante dos ollos infectados dos nipóns e da nosa estupefación. Que tios. Foi a única vez que lles vin correr sangue polas veas, o resto do tempo semellan máis máquinas irracionais do que persoas con soños e ideas propias.
Continuo co meu escarnio. Os chinos, dicía, non teñen respecto nen interese ningún pola cultura de aqui e pola súa integración. Iso xa o tiña comprobado en España, pois son poucas as persoas desta nacionalidade que teñen algún tipo de relación cos oriundos do lugar. Aquí ocorre o mesmo, estes rapazes o único que fan é ir a clase, estudar (pouco) e traballar (moito). Non teñen outro interese que o diñeiro, algo para min lóxico pensando en como son as condicións laborais das xentes do seu páis. Pero cal é o meu asombro cando descubro que en realidade os meus compañeiros son de familias máis ou menos ben. Eu que crin que traballaban para enviar os cartos ás súas familias pero non, os tios gastan o diñeiro en bicicletas, ordenadores, consolas e roupas de dubidoso gusto. Alienadiños que están.
Pero o que máis me sorprendeu foi no momento no que tivemos que redactar un traballo de clase. Consistía en facer unha guía de viaxe de Kyoto e aí demostraron a súa ignorancia e a súa incapacidade. (Sorprende que na clase, ante a lectura do profesor sexan capaces de repetir sen apenas ter escoitado as novas palabras un par de veces as frases do profesor con absoluta perfección. Pero ai deles cando lles preguntas algo que se sae do guión. A disciplina chinesa taraos á hora de utilizar o maxín, e embora dominen decentemente o idioma xaponés, en canto lles fas unha pergunta que non teñen preparada alí fican estancados). Dicía que nese traballo de clase a min tocoume con dous chinos e un koreano (outro que tal baila),e pese as advertencias do profesor, todos querían ir por libre e non entraba na súa cabeza iso de compartir o traballo cos demais. O noso traballo consistía en facer uns comentarios sobre lugares turísticos da cidade así que ao fin tiven que acompañalos porque en seis meses de estancia en Kyoto non tiñan visitado, ollo, ningún templo, castelo ou lugar famoso da cidade. Incríbel. Non coñecían nen o archifamosísimo bairro de Gion, lugar onde atopar as ridículas gueishas e iso que apenas dista da nosa escola a cinco minutos escasos. Alí fun eu con eles e desgraza a miña, so falaban en mandarín e non tiveron a simpatía de adicarme apenas unhas palabras. Eu tenteilles explicar en que consistía o asunto pero en canto viron o primeiro supermercado alá escaparon todos.
Vou acabar xa con esta "condemnatio" porque senón vou parecer máis un xenófobo do que un xenófilo e en verdade que teño máis amigos chineses do que xaponeses. Por que será?

Koizumi, o xa retirado presidente que pasa a dirixir desde á sombra de satanás.